Con esta novela publicada en Bos Aires en 1948, Blanco Amor fíxose un sitio no panorama literario español en castelán. Trátase dunha novela de aprendizaxe. Supón a primeira inmersión do autor no provincianismo da sociedade ourensá contemporánea.
Amor Eduardo Libros


A Esmorga 4
- 120 páginas
- 5 horas de lectura
A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga é a novela máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.